O litoral de Foz en estado natural constitúe un ecosistema de grande riqueza ecolóxica, elevada calidade ambiental e interese paisaxístico, tanto pola singularidade dos seus ecosistemas e hábitats (de importancia comunitaria), como pola súa xeomorfoloxía e paisaxe.
Foz posúe unha grande riqueza ambiental, destacando a súa ría e os seus ríos (Masma, Centiño, Ouro e Moucide). Existe un grande patrimonio etnográfico e cultural, constituíndo espazos de ocio fundamentais. Os ecosistemas acuáticos son elementos clave na biodiversidade do territorio, tanto pola súa grande incidencia espacial coma pola súa variada tipoloxía.
Mostra da importancia e riqueza ambiental do noso municipio son os seguintes distintivos outorgados:
Os paseos creados a beiras das nosas praias, ría e ríos facilítanos gozar da riqueza paisaxística e ambiental destes elementos. Achegarnos á ría de Foz a través do Paseo de Malates ou camiñar polo ámbito do río Ouro son algúns dos recursos que ofrece o noso municipio.
Ría de FozA ría de Foz está formada pola desembocadura do río Masma, cercada polas praias de A Rapadoira (de Foz) e de Altar (de Barreiros). Conta coa presenza de xuncais de marisma e áreas de carrizais con grande riqueza ecolóxica e paisaxística.
Mostra da riqueza ecolóxica desta ría é a variedade de hábitats que nela atopamos entre outros:
Paseo de Laredo
|
Paseo de Laredo
|
Ría de Foz (satélite)
|
Placa Paseo de Laredo
|
Río MasmaO río Masma nace na Serra do Xistral, cunha cabeceira ampla e ramificada, así como un curso medio e baixo que se vai estreitando. No Masma conflúen pequenos ríos como o Batán, o Castelo, o de Costal, Rañeda, Polvoreiro, Baus, Valiñares, o Tronceda e o Fraga Vella, aumentando o seu caudal.
Desemboca na ría de Foz, formando antes o amplo val de Mondoñedo e, polo Leste, o de Lourenzá.
O seu percorrido é de 46 km, cunha pendente relativamente acusada, sobre todo no seu curso superior, dun carácter marcadamente torrencial.
O río Masma é coñecido pola súa pesca de salmóns, aínda que tamén se poden pescar outras especies como troitas, lampreas, reos e anguías.
Se desexa coñecer información sobre permisos de pesca e cotos, acceda á información da Xunta de Galicia.
Desmbocadura Río Masma
|
Río CentiñoO río Centiño ten unha extensión de 11 km, que o leva dende a parroquia de San Martiño á súa desembocadura na ría de Foz.
Este río destacaba pola súa pesca de troita, non obstante actualmente atópase vedado.
Os numerosos muíños existentes na súa beira dende a parroquia de San Martiño ata o barrio de Vilaxoane, dan conta da importancia deste río para os veciños e veciñas en épocas anteriores.
Río MoucideO río Moucide ten unha extensión aproximada de 11 km, que comeza cun regueiro intermitente nas proximidades de Outeiro. Ao longo do seu traxecto bebe doutros regueiros que fan crecer o seu caudal que ten lixeiras ondulacións, sen crear acusados meandros.
O descenso na súa cabeceira é rápido pero despois transcorre por unha pendente máis suave.
Ao seu paso pola parroquia de Cangas, onde desemboca, toma o nome de río Alemparte, para morrer entre a Punta de Riosmar e os Castelos.
Desmbocadura Río Moucide
|
Río OuroO río Ouro nace na Serra do Xistral e desemboca na parroquia de Fazouro, tendo un percorrido de 30 km polos que recibe achegas dos ríos Beloi, Vao e Ferreira.
Na súa parte alta predominan as augas claras e rápidas, despois esta auga vanse calmando e dan lugar a meandros, grandes táboas e pozas. As súas marxes están limitadas por acantilados de baixa altura e na súa desembocadura, na súa marxe dereita sitúase a praia da Pampillosa.
Entre a variedade de hábitats que existen neste río, atopamos:
Neste río atopamos un couto onde se adoitan pescar troitas, reos, lampreas e anguías. A presenza de salmóns é moi reducida.
Entre os mamíferos que habitan no río Ouro atópanse en gran número, as londras ("Lutra lutra") . Entre as aves que podemos observar están o ferreiriño subeliño ("Aegithalos caudatus"), o ouriolo ("Oriolus oriolus") e o gabián ("Accipiter nisus").
Tamén se di que antigamente se recollían deste río pebidas de ouro.
Podemos continuar o curso deste río dun xeito agradable a través dun paseo que nos leva ata a parroquia de Santo Acisclo Acisclo. Así tamén na desembocadura atoparemos unha área recreativa e un parque.
Se desexa coñecer información sobre permisos de pesca e cotos, acceda á información da Xunta de Galicia.
Río Ouro (satélite)
|
Río Ouro
|
Paseos polo litoralO municipio de Foz posúe diferentes paseos polo seu litoral para que todas as persoas poidan gozar das súas incribles paisaxes dun xeito tranquilo e saudable.
Así, podemos enumerar os paseos existentes na actualidade, e que seguirán aumentando nun breve espazo de tempo.
![]() Paseo A Rapadoira-Llás | ![]() Paseo Malates | ![]() Paseo Río Ouro | ![]() Paseo Cangas |
Áreas recreativasSe o que desexa é poder gozar dun agradable día apreciando os monumentos de Foz ou a súa natureza, aproveite para descansar e repoñer forzas nas diferentes áreas recreativas que pon á súa disposición o municipio de Foz.
Elixa o lugar entre:
![]() da praia de Llas | ![]() Río Ouro (Fazouro) | ![]() de Malates (Vilaxoane – Foz) | ![]() de Fondás (Mañente – Villaronte) |