Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Xoves, 11 de Marzo de 2010
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Concello >> Saúdo do alcalde

Saúdo do alcalde

Como alcalde do Concello de Foz, quero dar a benvida a esta nova web do Concello de Foz, que pretende ser unha fiestra aberta de forma permanente a toda a cidadanía, un servizo eficaz, aberto e próximo a todos os usuarios e usuarias.

Desexamos cumprir unha dobre función con ela, por un lado de información e doutro, de comunicación:

De INFORMACIÓN, porque desde ela desexamos dar as novas de forma directa e transparente. Dar conta a todas as persoas dos trámites, das ordenanzas, cursos, xornadas, procedementos administrativos, concursos, ... Pero tamén que as asociacións teñan nesta web un medio de transmisión das numerosas actividades que levan a cabo.

De COMUNICACIÓN, porque esta web pretende ser un instrumento de interacción con todas as persoas, para solicitar información, presentar suxerencias, críticas, observacións de deficiencias, ... Todos os departamentos, grupos políticos, concelleiros/as e eu mesmo, estaremos a disposición da cidadanía a través dos nosos correos electrónicos e daremos resposta a todas as persoas que se dirixan a nós.

Por suposto, non podemos esquecer a aquelas persoas que escollen internet para planificar as súas viaxes, para elas recollemos nesta web información do seu interese como aloxamentos, historia, monumentos, lugares de interese, hostalería, ... e terán á súa disposición ao departamento de Turismo para resolver cantas dúbidas se lles poidan presentar.

Esta fiestra estará en permanente actualización e renovación de contidos co obxectivo de dar cobertura ás necesidades de todos os colectivos.

Deixamos nas súas mans, polo tanto, este instrumento ao seu servizo, sen que os horarios e a distancia supoña un impedimento para recibir información e sentirse preto do Concello de Foz.

Deixámoslles aberta esta fiestra. Quedamos ao seu servizo.

Un saúdo,

José María García Rivera
Alcalde do Concello de Foz

Na Sala Bahía, ás 20:30h. a compañía Teatro do Morcego representará a obra Os patios da memoria.

A obra está dirixida por Bernardo Galli e protagonizada por Celso Parada.
O 11 de Marzo de 2010
Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]