O Concello de Foz dispón de diferentes puntos de acceso a internet gratuíto para que todas as persoas que o desexen poidan navegar pola rede de redes.
No casco urbano están a disposición os seguintes puntos:
Centro Social: Avd. da Ribeira, s/n - 2º andar
Biblioteca pública salgado tomil: R/de Lugo, 1 - 2º andar
Casa da Xuventude : R/Julia Minguillón, 7 - Baixo
Local social de asociacións :Avda. da Ribeira, s/n
En todas as parroquias do Concello de Foz existen puntos de acceso a internet nos seus centros sociais. Para poder acceder debes poñerte en contacto coas persoas responsables da respectiva asociación:
Parróquia | Xestionado por | Ubicación |
---|---|---|
Cangas | Asociación de Veciños San Pedro de Cangas | Centro Cívico - Vilachá- Carretera da Igrexa, s/n |
Cordido | Asociación de Veciños San Xulián de Cordido | Antiga Escola - O Sixto |
Nois | Asociación de Veciños San Xulián de Nois | Centro Social "A Saira" |
Fazouro | Asociación de Amas de Casa O Castro de Fazouro | Antiga Escola de Fazouro |
San Martiño | Asociación de Veciños de San Martiño | Centro Social- Caritel |
Marzán | Asociación de Veciños O Torques de Marzán | Local Social- Antiga báscula |
Vilaronte | Asociación Cultural "O Castro" de Vilaronte | Centro Social "O Castro" |
Santa Cecilia | Asociación de Veciños A Frouxeira de Santa Cecilia | Centro Social |
San Acisclo | Asociación de Veciños Río Ouro de San Acisclo | Antiga Escola de San Acisclo |