Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Martes, 19 de Marzo de 2024
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Medio Ambiente

Medio Ambiente

CENIMA. Avd. da Ribeira, s/n
27780 Foz (Lugo)
Tlf: 982 13 31 59
e mail: medioambiente@concellodefoz.es
Horario:
De luns a venres: de 9h. a 14h.

A Delegación de Medio Ambiente ofrece neste espazo web información sobre cómo debemos coidar o noso medio ambiente. Aquí poderás coñecer o tratamento idóneo dos residuos, o tratamento das fincas,… así como levar a cabo o censo de animais de compañía e cómo realizar os trámites necesarios para a tenencia de animais perigosos.

Isto e moito máis iremos incorporando ao noso espazo. E no caso de que teñas algunha dúbida, consulta, queixa ou suxestión, escríbenos.

RECOLLIDA SELECTIVA

A Delegación de Medio Ambiente conta con 2 camións de recollida de residuos e 1 camión de caixa aberta para a colocacións de colectores.

Traballan para que esta recollida sexa efectiva 4 condutores e 7 peóns.

Para consultar horarios e criterios de recollida pincha aquí.

ECOCOMERCIO

O Ecocomercio é a recollida de cartón porta a porta. O Concello de Foz presta un servizo de recollida de cartón , porta a porta, nas zonas comerciais de maior xeración deste material, co fin de facilitar a súa recuperación e reciclaxe e evitar que o cartón se acumule nas rúas, ensuciándoas.

O Ecocomercio vai dirixido especialmente a atender a demanda dos pequenos e medianos empresarios e empresarias das zonas comerciais, e pretende liberar de papel-cartón os colectores existentes nos seus arredores que, con frecuencia, se saturan polos residuos xerados polos comercios.

É un servizo gratuíto en todo o casco urbano (outras zonas consultar), disposto 3 días á semana:

martes e xoves a partir das 16h.
sábados a partir das 10h.

Requírese:

  • As caixas de cartón deberanse abrir e comprimir para reducir o volume dos residuos.
  • O papel deberase presentar en bolsas ou caixas pechadas para evitar o esparaxamento.
  • O cartón colocarase xunto ao colector de papel-cartón máis achegado.

Para utilizar este servizo deben dirixirse á Delegación de Medio Ambiente.

PUNTO LIMPO
QUE É:

O punto limpo é unha instalación de agrupamento de residuos domiciliarios no que se levan a cabo as seguintes actividades:

  • Control e recepción de residuos á chegada ó Centro.
  • Clasificación e agrupamento dos residuos de natureza compatible.
  • Expedición dos residuos ata as diferentes instalacións de reciclaxe de cada un deles.

Os Puntos Limpos constitúen, polo tanto un sistema de recollida selectiva que reducen as cantidades de residuos eliminados en vertedoiros e evitan os verteduras incontroladas.

HORARIOS
DíaHorario de mañáHorario de tarde
LunsDe 9h a 13hDe 16h a 18h
MércoresDe 9h a 13hDe 16h a 18h
VenresDe 9h a 13hDe 16h a 18h
SábadoDe 9h a 13h

Para saber máis sobre:

  • Qué podemos levar
  • Cómo funciona
  • Qué facemos cos residuos
  • Consellos para a separación colectiva

PUNTO LIMPO MÓBIL

O Concello de Foz dispón dun servizo gratuíto de recollida a domicilio de residuos voluminosos, especiais e aparatos eléctricos e electrónicos que se efectúa :

O antepenúltimo xoves de cada mes nas parroquias de: Fazouro, Nois, Cangas e Cordido.

O penúltimo xoves de cada mes nas parroquias de: Vilaronte, San Martiño, Santa Cecilia e San Acisclo.

O último xoves de cada mes no casco urbano de Foz.

Durante o mes de Agosto non se realizará recollida

CÓMO FUNCIONA:

As persoas usuarias deste servizo deben solicitalo na Delegación de Medio Ambiente do Concello de Foz ( Tfno. 982 13 31 59 ) indicando: nome e apelidos, dirección, D.N.I., teléfono de contacto e residuos que desexan que se recollan. Estableceuse un máximo de:

  • 3 enseres voluminosos ou 3 sacos de residuos de pequeno tamaño por domicilio en cada recollida mensual.
  • un máximo de 40 domicilios en cada unha das recollidas

PILAS

Lembra separar as pilas e depositalas no colector correspondente.

Hai colectores nos centros educativos, nos supermercados, locais comerciais, edificios municipais,...

PODAS VEXETAIS

O Concello de Foz tamén dispón dun servizo gratuíto de recollida a domicilio de restos vexetais e podas do que os usuarios poden dispoñer solicitándoo na Delegación de Medio Ambiente do concello e indicando: nome e apelidos, dirección, D.N.I. e teléfono de contacto.

ACEITE VEXETAL DE COCIÑA

Un dos principais residuos contaminantes dos nosos fogares é o aceite doméstico. A escasa ou nula tradición na súa reciclaxe e o costume de tiralo polo desaugue supón consecuencias desastrosas para o medio ambiente e o bo funcionamento das nosas depuradoras.

A recollida de aceites vexetais de cociña e a súa correcta xestión minimizará os impactos que se xeran nos ecosistemas dos nosos ríos, evitará a obstrución de desaugues, a reprodución de bacterias e olores desagradables ademais de servir como materia prima para a produción de biodiesel.

Desde fai anos recóllese en Foz a maioría do aceite vexetal xerado polo sector de restauración e hostalería, incluídos os comedores escolares dos centros educativos do municipio, considerados como grandes centros xeradores deste tipo de residuo. Se tes un local de hostalería, ponte en contacto coa Delegación de Medio Ambiente para xestionar a recollida do aceite vexetal que xera o teu negocio.

Podemos atopar colectores de aceite vexetal de cociña en:

  • Casa do Concello
  • Casa da Cultura
  • Centro Social
  • Casa da Xuventude
  • Centros Sociais (Fazouro, Nois, Cangas, Cordido, San Acisclo, Santa Cecilia, San Martiño e Vilaronte)
Tamén se pode entregar no Punto Limpo do Concello de Foz.

CD / DVD

A través do contrato asinado con Cederika, empresa encargada da recollida e xestión deste tipo de residuos cada día máis comúns e abundantes nos nosos fogares e empresas, o Concello de Foz ofrece aos seus cidadáns un servizo ás empresas e particulares que necesiten a eliminación segura de datos ou, sinxelamente, a aquelas que desexen desfacerse de material sobrante dun modo ambientalmente máis sostible.

Podes atopar colector e destrutoras de cd/dvd en: Casa do Concello, Casa da Cultura, Centro Social e Delegación de Facenda

Tamén podes atopar colectores de cd/dvd en: Casa da Xuventude, Punto Limpo, I.E.S de Foz e Centro de Saúde

PLANTACIÓNS FORESTAIS

Aquí explicamos as distancias a terras de cultivo, vivendas e instalacións que se deben gardar, segundo o tipo de plantación:

1.- FRONDOSAS (castaños, carballos,...) E CONÍFERAS E RESINOSAS (pinos, abetos,...):

  • 10 metros a terreos rústicos de protección agropecuaria
  • 10 metros a vivendas e instalacións
  • 25 metros a industrias ou instalacións preexistentes nas que se desenvolvan actividades perigosas

2.- EUCALIPTOS:

  • 10 metros a terreos rústicos de protección agropecuaria
  • En ningún caso as ramas deben pasar o linde da parcela contigua

LIMPEZA DE FINCAS

Atendendo á Lei 3/2007 de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia e demais Ordenanzas Municipais sobre a materia, deberanse ter en perfecto estado de salubridade, conservación e ornato público as fincas existentes neste Concello.

No caso de que unha finca non cumpra os requisitos anteriores, poden cubrir a seguinte instancia explicando a situación da finca e o estado da mesma.

Ver Instancia Xeral

PERMISOS DE QUEIMA

Para solicitar permiso de queima de monte e terras debes chamar ao: 902-112-000

Horarios de atención ó público en:

Distrito forestal Viveiro (Dirección: R/ Alonso Pérez s/n 27850 Tlf. 982 561 018):

Días laborais: de 8:00 a 20:00
Días non laborais: de 8:00a 14:00

No Concello de Foz:

Lunes y Viernes de 10:00 a 11:00
CENSOS

ANIMAIS POTENCIALMENTE PERIGOSOS:

Definición: Consideranse ANIMAIS POTENCIALMENTE PERIGOSOS (APP) todos os animais de fauna salvaxe, sendo usados como animais domésticos ou compañía con independencia da súa agresividade, pertencentes a especies ou razas que teñan capacidade de causar morte ou lesións ás persoas ou a outros animais e danos a cousas.

ANIMAIS DE COMPAÑÍA:

A inscrición é obrigatoria para todos os animais da especie canina (*) cando o seu propietario, posuidor ou persoa que asume a súa responsabilidade é veciño do Concello de Foz. (Segundo o disposto no artigo 27 do Decreto 153/1998, de 2 de abril, polo que se aproba o Regulamento que desenvolve a Lei 1/1993, de 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.)

(*) Excepto os animais potencialmente perigosos que deban ser obxecto da inscrición no Rexistro Municipal de APP.

Razas caninas consideradas APP, licenzas e documentación necesaria

PRAZOS DE INSCRIPCIÓN:

Á Adquisición dun can sen inscrición ou nacemento: 1 mes
Á transmisión da propiedade ou posesión: 15 días
Á morte ou desaparición a efectos de baixa: 5 días (concedéndose o mesmo prazo a efectos de rehabilitación no caso de aparición)

Circulación e permanencia nas vías públicas e locais:

DEREITOS DOS ANIMAIS

Nestes intres non dispoñemos de nada recente.

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]