Avda. da Ribeira, s/n 27780 Foz (Lugo) Tlf: 982. 13 24 26 e mail: turismo@concellodefoz.es |
|
Foz, pobo de mar e de montaña, ao que os invitamos a coñecer e disfrutar, seguro que lles gustará descubrilo.
Bañado polo mar cantábrico conta con 9 praias con brancos e finos areais, na súa maioría coa bandeira azul da CE, invitámolos a coñecer a súa costa dando un paseo que percorre o litoral entre praias e acantilados, onde poderán atopar o único castro marítimo escavado da zona, declarado BIC, data entre os ss. I e III d.C. na parroquia de Fazouro, a carón da praia Arealonga.
A nosa historia lévanos a falar do Monumento máis emblemático do concello, a Basílica de San Martiño, xa que conserva vestixios do s. VI e o actual templo data dos ss. IX-XII. Destacar as súas pinturas murais dos ss. XIV-XVI dende o románico ata o renacemento, recentemente atopáronse pinturas anteriores que datan do s. XII.
Outra das pezas que merece mención é o retablo pétreo ou antipendium, que é unha peza única. Capiteis historiados nas súas columnas e pezas tan importantes como o báculo e o anel de San Gonzalo atopados no sepulcro do mesmo, que se pode ver no interior do templo.
A Frouxeira, montaña dun 429m , na que atoparán o que foi o emprazamento da Fortaleza do Mariscal Pardo de Cela, quedan restos arqueolóxicos dos recintos da Fortaleza, e dende este antigo asentamento gozarán dunhas vistas de gran beleza paisaxística.
Isto é un recorte do que poden visitar, así que non o dubiden e visiten Foz, para sentilo paseando por cada recanto e levar un bo sabor de boca, coa rica gastronomía que poderán degustar, característica da zona, así como a boa acollida que lles brindarán os focegos e focegas.
En Turismo en Foz, estaremos encantados de atender as súas consultas na Oficina de Turismo.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Foz Beleza Natural | Fortaleza A Frouxeira | Castro de Fazouro | Basílica de San Martiño |