C/ Rua de Lugo, 1 27780 Foz (Lugo) | Tlf: 982. 14 17 77 e mail: radiofoz@concellodefoz.es |
Deixa as túas suxerencias no noso foro radiofoz.
A emisora de radio municipal, Radio Foz, sae ás ondas en 1.998, tendo a súa ubicación na Casa da Cultura “Poeta Manuel María” de Foz.
A nosa emisora caracterízase desde os seus comezos pola colaboración habitual de persoas de diferentes idades creando programas de diferente temática: cine, temáticos (medio ambiente, música pop, música heavy, orquestras,…), actualidade, lembranzas, lingua, literatura, entrevistas,…
Aínda que a programación se vai renovando con diversos programas, Radio Foz sempre conta con dous programas fixos na súa emisión: os informativos e un programa de tarde con entrevistas e contidos de actualidade.
Os informativos son un punto de referencia na programación diaria, no que se inclúen tamén deportes e un apartado dedicado ás ofertas de emprego. Durante a súa emisión non só teñen cabida contidos do Concello de Foz, senón novas de toda A Mariña.
Se desexas estar informado de todo o que sucede na comarca, escoita a túa emisora de radio no 107.4 FM.
Actualmente na programación de Radio Foz contamos cos seguintes programas:
A música de antes e de hoxe envolve as ondas de Radio Foz o resto da programación.
horas | Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres |
---|---|---|---|---|---|
10:00 11:30 | Bos días foz | Bos días foz | Bos días foz | Bos días foz | Bos días foz |
13:00 14:30 | Informativos | Informativos | Informativos | Informativos | Informativos |
17:00 18:00 | Sesión de tarde | Sesión de tarde | Sesión de tarde | Sesión de tarde | Sesión de tarde |
18:00 19:00 | Chupa Chups | A bola de metal | |||
19:00 20:00 | Mar por medio |