Exposición sobre o Cambio Climático
Data: 16 de Marzo de 2010
A Delegación de Medio Ambiente do Concello de Foz en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia organiza a
EXPOSICIÓN CAMBIO CLIMÁTICO O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción.
Esta exposición está aberta ao público en horario de 9.00h a 13.30h da mañá, de luns a venres no CENIMA, situado na Adva. da Ribeira s/n desde o día
16 ao 29 de marzo.
A través de 19 paneis informativos, proxeccións audiovisuais, un módulo de
Emisión cero cunha pila de combustible de hidróxeno e outro módulo de
E máis, cantas emisións podo evitar? poderemos coñecer que é o cambio climático, como nos afecta a todos e que podemos facer cada un de nós para evitalo.
A exposición complétase cun obradoiro educativo que se desenrolará en 3 sesións o día 24 de marzo, martes, para os alumnos dos centros educativos do Concello de Foz.
Volver a Novas