Os días 9, 10, 11, 16, 17 e 18 de marzo realizarase o curso de Navegar x internet: un curso para aprender a navegar por internet. Non son necesarios coñecementos previos e ao longo deste taller faremos unha aproximación a internet, as formas de conectarse (ordenadores, móviles,…), tipos de conexión (wifi, adsl, 3G,…), navegadores, cómo buscar información, sitios de información xeral,…
En abril, os días 13, 14, 15, 20, 21 e 22, realizarase o curso Comunicarse x internet: un curso para aprender as diferentes formas de comunicarse a través de internet: correo electrónico, mensaxería instantánea, redes sociais, videoconferencia,…
Os dous talleres desenvolveranse no Telecentro da Casa da Xuventude, en horario de 19h. a 21h.
As persoas interesadas nestes cursos deben inscribirse na Casa da Xuventude, ou no tlf. 982. 13 30 37, ata o 8 de marzo. As prazas son limitadas.
Volver a Noticias