Data: 19 de Xaneiro de 2010
Desde o sábado 6 de febreiro hai os Obradoiros
Sábados en Movemento, de 11 a 13 horas no CEIP Nº 1 de Foz.
Nesta ocasión os nenos convertiranse en
Viaxeiros do tempo e poderán divertirse e aprender a través de películas, disfraces, excursións e xogos de pistas en relación a cada época histórica, ó mesmo tempo que fomentan a sua creatividade con manualidades artísticas.
Para anotar aos seus fillos poden pasar pola oficina de IG10(Avda da Mariña, 27 Galerías Comerciais - Local 5) e cubrir a ficha de inscrición ou descargala
aquí e enviala cuberta a: lucia@ig10.es
As actividades son gratuitas a través da Delegación de Educación do Concello de Foz en colaboración con IG10
Volver a Novas