Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Xoves, 12 de Marzo de 2026
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Novas » RECENTE

Dende cando desexa ver as novas:

XV Concurso de Postais de Nadal 2016
Data: 10 de Novembro de 2016
As bases que rexerán este concurso son:

1.-Poderán participar todos/as os/as rapaces/as que o desexen.
2.-As postais estarán relacionadas con motivos do Nadal.
3.-Os traballos realizaranse en cartolina, axustada ao tamaño 16x11cm, e no reverso da mesma, os seguintes datos: nome, anos, dirección, teléfono e colexio. Entregaranse na Biblioteca Pública Municipal
4.-A técnica a empregar será a do debuxo a lápis, rotuladores, ceras,... ou collage, sempre e cando non leve elementos que sobresaian (para unha maior facilidade de reproducción).
5.-O primeiro premio consistirá na reproducción da postal como felicitación oficial do Concello de Foz para o Nadal 2016, elixida entre tres categorías:
-Infantil A (ata 6 anos): 1º premio lote de libros, 2º premio lote de libros
-Infantil B (de 7 a 10 anos): 1º premio 40€ e libro, 2º premio 25€ e libro
-Xuvenil (de 11 a 16 anos): 1º premio 60€ e libro, 2º premio 40€ e libro
6.-Haberá un premio especial para o colexio do que forme parte o/a alumno/a premiado/a.
7.-O xurado poderá deixar deserto calquera dos premios se así o ven oportuno.
8.-O prazo límite de presentación rematará o vindeiro 2 de decembro. O fallo do xurado darase a coñecer en días posteriores a través de Radio Foz, no teléfono 982 14 06 75 ou ben na propia Biblioteca Pública Municipal.
9.-A entrega dos premios será nun acto a celebrar na Casa da Cultura en data e hora que se anunciará publicamente.
10.-A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

Volver a Novas

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]