Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Venres, 24 de Febreiro de 2017
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Mar

Mar

A tradición mariñeira de Foz está presente en cada recuncho de Foz. Dende as imaxes que podemos extraer ata o carácter dos veciños e veciñas deste pobo.

Noutros tempos a relación era mar e industria, e actualmente a relación é mar e turismo, pero mar sempre presente. Foz mira cara ao mar.

A pesca da balea trouxo importancia ao noso peirao, os estaleiros e as industrias (conserveiras) relacionadas co mar foron fonte de riqueza para as xentes de Foz. Sen embargo a construción do peirao dentro da ría, impedindo a fluidez necesaria na entrada e saída de embarcacións fixo que o noso peirao perdese importancia, en favor doutros.

Pero non podemos esquecer ás nosas xentes relacionadas co mar. Os nosos mariñeiros sempre tiveron fama de grandes pescadores, coñecedores dos segredos do mar. Aventuras e anécdotas aínda se contan agora no barrio mariñeiro do Campo da Cabana.

Monumentos como “O Mariñeiro”, “Ás xentes do mar”, “Rente ao Mar”, “Aos náufragos”, “Ao Xico”,… honran ás xentes relacionadas co mar. Figuras como a “pescantina”, vendedora a domicilio de peixe, presente nas lembranzas de moitos veciños e veciñas de Foz. Esta figura simboliza “A muller focega”, outro dos monumentos que honran ás xentes do mar.

Podemos atopar aínda persoas que fan do mar o seu medio de vida, como os nosos mariñeiros que se dedican á pesca de baixura, e ás redeiras, oficio cada vez menos seguido, que cosen as redes dos barcos.

Foz non se pode entender sen a súa relación co mar. A beleza, a luz, o carácter que imprime ese mar Cantábrico ao noso pobo provoca que Foz teña unha identidade propia, co selo do mar.

Imaxes

Imaxes
Imaxes
Imaxes
Imaxes
Imaxes
Imaxes
Na Sala Bahía:
Ás 20h. Pregón do Entroido 2017. A cargo do grupo BONAERENSIS.

Ás 20:30h. Concurso de Coplas.
As persoas interesadas en participar deberán anotarse na Delegación de Cultura no Concello de Foz ata o venres 17 de febreiro. (Tfno: 982140027 / 6981...
Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]