Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Venres, 26 de Abril de 2024
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Axenda » LISTADO SEMESTRAL

Dende cando desexa ver os eventos:

Sábado, 1 de abril
Ás 18:30h. na Sala Bahía, teatro infantil. A compañía Ghazafelhos representará a obra Rubicundo.

Rubicundo é unha obra de teatro actoral onde tres personaxes interactúan con obxectos, monicreques, bailan e cantan en directo. Coa fermosa historia de María Canosa de fondo, Ghazafelhos  propón unha posta en escena chea de sorpresas pasando pola música, os monicreques, acrobacia, claqué… Unha mestura de xéneros que Ghazafelhos soe propor para sorprender a un público familiar e facer difícil de esquecer esta máxica historia; RUBICUNDO

Sinopse:
Tódalas noites, Rubicundo sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pecha. 
Semella que ninguén repara nesta personaxe, enfundada nun gabán e sombreiro de copa. Ninguén agás Erea. Disposta a chegar ate o fin daquel misterio…
Pois así era esta rapaza… curiosa e soñadora…

Público: a partir de 5 anos
Entrada: 1,5€ nenos/as. 2,5€ maiores

Volver a Axenda

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]