O Concello de Foz forma parte dunha agrupación de concellos, entre os que están Burela, Viveiro, Cervo, O Vicedo, Foz, Ribadeo e O Valadouro, que dispoñen dun servizo de atención temperá.
Dito servizo atópase nas dependencias da Casa do Mar de Burela, e realiza intervencións en nenos/as de 0 a 6 anos.
Contacto:
Servizo de Atención Temperá
Casa do Mar - R/ Rosalía de Castro, 20 - Burela
Tlf 982586208
Horario:
De luns a venres: de 8h a 15h
Luns, martes e mércores: tamén de 16h a 20h
As subvencións ás entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede galega da atención temperá están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.
O obxectivo (O.T.9) é promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorno, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión.
Volver a Novas