Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Venres, 19 de Abril de 2024
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Novas » RECENTE

Dende cando desexa ver as novas:

XVI Concurso de Postais de Nadal 2017
Data: 2 de Novembro de 2017
As bases que rexerán este concurso son:

1.- Poderán participar todos/as os/as rapaces/as que o desexen.
2.- As postais estarán relacionadas con motivos do Nadal.
3.- Os traballos realizaranse en cartolina, axustada ao tamaño 16x11cm, e no reverso da mesma, os seguintes datos: nome, anos, dirección, teléfono e colexio. Entregaranse na Biblioteca Pública Municipal
4.- A técnica a empregar será a do debuxo a lápis, rotuladores, ceras,... ou collage, sempre e cando non leve elementos que sobresaian (para unha maior facilidade de reproducción).
5.- O primeiro premio consistirá na reproducción da postal como felicitación oficial do Concello de Foz para o Nadal 2017, elixida entre tres categorías:
-Infantil A (ata 6 anos): 1º premio lote de libros, 2º premio lote de libros
-Infantil B (de 7 a 10 anos): 1º premio 40€ e libro, 2º premio 25€ e libro
-Xuvenil (de 11 a 16 anos): 1º premio 60€ e libro, 2º premio 40€ e libro
6.- Haberá un premio especial para o colexio do que forme parte o/a alumno/a premiado/a.
7.- O xurado poderá deixar deserto calquera dos premios se así o ven oportuno.
8.- O prazo límite de presentación rematará o vindeiro 1 de decembro. O fallo do xurado darase a coñecer en días posteriores a través de Radio Foz, no teléfono 982 14 06 75 ou ben na propia Biblioteca Pública Municipal.
9.- A entrega dos premios será nun acto a celebrar na Casa da Cultura en data e hora que se anunciará publicamente.
10.- A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

Volver a Novas

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]