Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Novas » RECENTE

Dende cando desexa ver as novas:

Obra Avenida da Mariña
Data: 23 de Maio de 2017
Este venres, 26 de maio, terá lugar unha reunión informativa para todos os veciños e sobre todo para os afectados polas obras na avenida da Mariña. A xuntanza terá lugar ás 20:00 horas na Casa da Cultura e nela estarán presentes o alcalde, representantes da Policía Local e da empresa que executa a obra e responsables da dirección do proxecto.

O fin desta xuntanza é informar a todos os veciños do noso concello, e especialmente a todos aqueles que se poidan ver afectados polo comezo das obras da avenida da Mariña.

Participarán, ademais do alcalde, as persoas que levan a dirección de obra deste proxecto (proxectistas, técnicos e aparelladores), pero tamén representantes da empresa Ogmios, que é a que leva esta obra, e da Policía Local.

Explicarase o obxectivo desta obra, cales son os cambios fundamentalmente estéticos e funcionais na avenida da Mariña, pero, sobre todo, unha vez que temos xa a empresa contratista, o funcionamento que imos levar durante estes meses.

O alcalde explica que “sabemos que o verán é unha época complexa para as obras, pero é certo que todo o que poidamos adiantar nesta obra irá tamén en beneficio de que se poida iniciar o antes posible, xa tamén neste ano, a obra na rúa Álvaro Cunqueiro”. O alcalde focego subliña que “a idea é que as dúas rúas leven un acabado moi similar. Será un cambio fundamental para a estrutura urbana do noso concello que a día de hoxe non tiña unha zona deste tipo”. Javier Castiñeira pide “paciencia durante as obras. A empresa ten unha vontade moi grande de tratar de compatibilizalas co verán e coa actividade económica dos establecementos e, por suposto, tamén dos veciños afectados. É unha empresa coa garantía de ter feito obras importantes en cidades con moito máis tráfico que a avenida da Mariña e Álvaro Cunqueiro. Con esa tranquilidade queremos transmitirllo a todos os veciños en aras de seguir profundando na maior información, e a citamos a esta reunión a todos os veciños e aquelas persoas que queiran informarse sobre cal é o estado das obras na avenida da Mariña e o que van ser as obras na rúa Álvaro Cunqueiro”

Volver a Novas

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]