Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Xoves, 30 de Marzo de 2017
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Novas » RECENTE

Dende cando desexa ver as novas:

Información sobre o recibo do IBI 2017
Data: 16 de Febreiro de 2017
Dadas as dúbidas que se están a formular, aclaramos varios conceptos relacionados co cobro do IBI do ano 2017, dado que houbo modificacións que afectan ás contías que se van cobrar este ano na contribución.br> O coeficiente de aplicación redúcese do 0´60 ao 0´52. Durante este ano queda a última actualización dos valores catastrais que afectan en moita menor medida.
A bonificación do 5 por cento, que é a maior que permite a Lei, afecta a todos os recibos que se encontren domiciliados. Os que están xa están actualmente van ter a bonificación de oficio, non fai falta que o soliciten. Pero si deben facelo aquelas persoas que non teñan o recibo domiciliado, pois se queren recibir esa bonificación, teñen que solicitalo no Concello antes do 28 de febreiro para que xurda efecto no ano 2017.
Todas aquelas persoas que ata o día de hoxe non o tiñan domiciliado, que pagaban directamente no banco ou viñan ao Concello, como agora leva a xestión a Deputación, se queren domicilialo, deben facelo antes do 28 de febreiro para ter xa ese desconto do 5 por cento pola bonificación.
Deben acudir ao Concello, solicitar un escrito específico para isto e solicitar a domiciliación; se entra antes do 28 de febreiro, terá xa directamente a bonificación.

Volver a Novas

Do 10 ao 16 de abril, a Oficina de Turismo, o Punto de Información Turística e visitas na Basílica de San Martiño, amplían o seu horario
Inscrición aberta para o curso 2016 -2017 das EDM Foz
Ás 18:30h. na Sala Bahía, teatro infantil. A compañía Ghazafelhos representará a obra Rubicundo.

Rubicundo é unha obra de teatro actoral onde tres personaxes interactúan con obxectos, monicreques, bailan e cantan en directo. Coa fermosa historia de María Canosa ...
Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]