Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Xoves, 25 de Abril de 2024
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Novas » RECENTE

Dende cando desexa ver as novas:

XVII Certame de Poemas de Amor
Data: 26 de Xaneiro de 2018
Bases:

1) Poderán participar toda as persoas que o desexen en tres modalidades: Infantil (ata 12 anos), Xuvenil (de 13 a 18 anos) e Adultos (de 19 en diante).
2) O tema será referente ao amor e ao Día de San Valentín.
3) A extensión máxima será dunha folla DIN-A4. Pode ser escrita a máquina, ordenador ou a man (en maiúsculas).
4) Os poemas presentaranse sen ningunha identificación exterior. Deberán acompañar ao poema un sobre pechado no que se introducirá : nome, apelidos, dirección completa, teléfono e a idade.
5) Os poemas presentaranse preferentemente en galego.
6) Os traballos entregaranse na Biblioteca Pública Municipal e o prazo de presentación será ata o día 26 de febreiro de 2018 e tamén a través de biblioteca@concellodefoz.es
7) Os premios por cada modalidade serán os seguintes:
1º e 2º Premio Infantil : Lote de libros máis agasallo
1º e 2º Premio xuvenil : 50€ e cea - 30€ e cea
1º e 2º Premio adultos : 100€ e noite de hotel - 60€ e cea
8) Os poemas pasarán a ser propiedade da Biblioteca Municipal e resérvase a facer o uso que considere oportuno.
9) O fallo do xurado será anunciado a través do Facebook do Concello, Radio Foz, prensa ou ben chamando ao 982 14 06 75. A entrega de premios será nun acto a celebrar o día 3 de marzo ás 20:00h. no Salón de Actos da Casa da Cultura.
10) A participación no certame implica a aceptación destas bases.

No acto de entrega de premios contaremos coa actuación dos/as ALUMNOS/AS DA AULA MODERNA DA ESCOLA DE MÚSICA DE FOZ e FELIPE SÁNCHEZ

Volver a Novas

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]