Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Venres, 29 de Marzo de 2024
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Novas » RECENTE

Dende cando desexa ver as novas:

Festexando a Manuel María
Data: 4 de Maio de 2016
Entraremos no mes das Letras Galegas cos certames de narración e debuxo Letras Galegas 2016.

Achegaremos a súa obra aos máis pequenos con Babacontos con Manuel María a cargo de Larraiz Urruzola o venres día 13 de maio ás 18:00 horas. Utilizando as ferramentas da narración oral tradicionais, coñeceremos algunhas das súas poesías de Os soños na gaiola, nas súas versións cantadas nos libros discos dispoñibles que son varios xa neste momento, da man da actriz Larraitz Urruzola.

O día das Letras Galegas, 17 de maio a través das ondas de RadioFoz haberá unha programación especial adicada á vida e obra do poeta.

O venres 20 de maio teremos a Quedada Literaria para todos os veciños e centros de ensino, cunha lectura pública da obra de Manuel María no salón de actos da Casa da Cultura durante todo o día. A mellor maneira de coñecer ao autor lendo a súa obra.

A partir do mes de maio e ata xuño, a actividade Fotografiando a literatura para mozos menores de 30 anos que deberán presentar unha proposta dunha foto con poema ou texto narrativo de Manuel María do que esperamos que saían estupendas achegas. Animamos a participar a toda a mocidade mariñá. Bases

No verán e na Feira do Libro de Foz, contaremos con Luis Vallecillo co O Bigote de Mimi. Unha proposta escénica na que músicos, e un titiriteiro se unen para amosarnos a historia do gato Mimí. Un guitarrista que agocha un segredo, un baixista tremendo, uns ratos sobrados de ritmo e moitas máis sorpresas nunha obra sen dúbida asombrosa na que a diversión está asegurada.

Co comezo da época escolar, en outubro teremos a exposición Manuel María palabra viva cedida pola Casa Museo Manuel María, e que estará na Casa da Cultura.

E remataremos o 25 de novembro co espectáculo Manuel María con maxia e música de Álvaro Muras. Un percorrido guionizado de maxia e música, a través da vida e obra do autor Manuel María. Un espectáculo con fondo musical e moita ilusión que navega nos versos do poeta lucense. 60 minutos de sorpresas con cancións, cordas, cartas, panos, papeis e coa vida de Manuel María coma escenografía. A partir das 20:30h. na Casa da Cultura

Volver a Novas

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]