Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Martes, 9 de Xuño de 2026
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Novas » RECENTE

Dende cando desexa ver as novas:

Campaña Civismo - Concello de Foz
Data: 9 de Decembro de 2011
Queremos Foz por iso coidamos del. Desde o Concello poñemos todos os nosos esforzos en dotar ao noso pobo das mellores instalacións, dos máis completos recursos, para que todos os veciños e veciñas, así como visitantes, queran a Foz.

Pero esta labor debe ser compartida con todas as persoas que queren a Foz. Entre todos/as debemos coidar do noso pobo para poder disfrutar cada día del.

Sentímonos orgullosos/as de Foz, das súas praias, dos seus paseos, das súas rúas, do seu peirao, das súas parroquias,… e tamén das súas xentes, das persoas que queren Foz. Axúdemonos a disfrutar de Foz, coidemos entre todos/as Foz.

Non nos gusta o lixo cheirando nas rúas, os papeis tirados, pisar os excrementos dos cans ao camiñar, … Utilicemos as papeleiras, os colectores, as bolsas para recoller os excrementos das nosas mascotas. Coidemos o noso mobiliario urbano para querer Foz, para disfrutar del.

Gústanos pasear polas rúas, atoparnos con outras persoas que queren Foz, sentarnos ao carón da praia e do peirao. Disfrutamos dun Foz limpo, que coidamos todos/as del. Queres Foz, coida Foz.

Accede ao folleto de sensibilización.

Volver a Novas

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]