Ás 20h. no Salón de Actos do CENIMA,
Xornada de Posta en Valor Turístico dos Humedais, coa ponente
Mª José Viñals, directora do Centro Español de Humedais.
Conmemorando o Día Mundial dos Humedais, a Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Foz van realizar unha xornada encamiñada a aumentar a sensibilización do público en xeral acerca do valor turistico dos humedais.
María José VIÑALS
A Dr.a María José Viñals é Catedrática de Xeografía da Universidade Politécnica de Valencia e Directora do Centro Español de Brañas creado pola Fundación Biodiversidade. Con anterioridade a esta situación foi Directora da Oficina de Acción Internacional da Universidade Politécnica de Valencia entre 2005 e febreiro de 2009.
A profesora Viñals é doutora en Xeografía dende 1991 e foi profesora na UPV nas titulacións de Ciencias Ambientais, Diplomatura en Turismo, Enxeñaría Técnica Agrícola e Arquitectura.
A súa actividade investigadora encamiñouse cara á xestión das áreas protexidas e sitios con patrimonio, en especial en todos aqueles aspectos referidos ao uso recreativo e turístico. A Dra Viñals é asesora do Ministerio de Medio en aspectos internacionais relacionados co Convenio de Ramsar dende o ano 1995. E pertenceu ao Comité Científico Técnico desta Convención entre 2002 e 2005. Colabora habitualmente co Forum UNESCO \\\"Patrimonio e Universidade\\\" e co Centro de Patrimonio da Humanidade da UNESCO en París.
Desenvolveu numerosos proxectos de investigación e cooperación internacional en países do Mediterráneo (Italia, Xordania, Marrocos, Túnez, Portugal, etc.), América Latina (Arxentina, Uruguai, Ecuador, Honduras, Nicaragua, etc.) e tamén en España, especialmente na Comunidade Valenciana.
Actualmente é a directora do Máster en Xestión Turística do Patrimonio Natural e Cultural e do Especialista Universitario Turismo en Espazos Naturais e Rurais. Participou tamén como profesora invitada en másters destas características noutros países (Italia, Australia, Ecuador, Arxentina, etc.).
Volver a Axenda