En Foz:
Durante todo o día, na praza Conde de Fontao,
mercado artesanal. Unha vintena de postos, ademais de maxia e inchables
Semana Santa de San Martiño:
Ás 12h. na Basílica, solemne
Viacrucis polo interior do templo. Este Calvario será teatralizado con textos do poeta local
Saros. En cada estación será lida unha estrofa. Coincidindo coa undécima estación deste Viacrucis terá lugar o Acto do
Cravado (Cravado de Xesucristo na Cruz). Acto único da Paixón que se desenvolve en todo Galicia
Ás 12:30h. Acto das
Sete Palabras, que concluirá co canto da
Salve Mariñeira a cargo do
Coro Parroquial de Foz. Nestes dous actos intervirán máis de medio cento de persoas. Ás sobrias pero emotivas ambientacións dunha antiga catedral románica, engádese a aportación musical de compoñentes da
Escola Municipal de Música, como
Ángel Leytón, e o
Coro Parroquial de Foz
Ás 12:45h.
Concerto especial de Venres Santo, a cargo do
Coro Parroquial de Foz (
XV Semana de la Música Xosé Alonso)
Ás 17h.
Liturxia do Venres Santo na Basílica. Seguidamente, acto do
Desencravo, unha obra do Confrade de Honra
Luis García Calvo. Configura este Acto a pasaxe teatralizada do Descendemento de Xesucristo e o seu enterro
Ás 18h. polo Barrio Medieval do Caritel (percorrido tradicional),
procesión do Santo Enterro, cos pasos do Cristo Xacente, Virxe das Dores, San Xoán Evanxelista e María Magdalena (levada por mulleres). Nesta procesión participará a
Banda da Escola Municipal de Música de Foz
Volver a Axenda