Concello de Foz
Versión en galegoGalego
Versión en castellanoCastellano
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Especial Basílica de San Martiño
ACCESOS DIRECTOS
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Foz Galería fotográfica
Axudámosche a atopar todo o que precisas. Escribe un termo relacionado co tema que che interesa:

Axenda » LISTADO SEMESTRAL

Dende cando desexa ver os eventos:

Sábado, 9 de decembro
Ás 18:30h. na Sala Bahía, teatro infantil. A compañía Malasombra Producións presenta a obra Os Rockenstein.

Sinopse:
O doutor Rockenstein é un gran profesor, un gran científico, un inventor, pero tamén é un melómano consciente de que a boa música está desaparecendo do planeta. Para remedialo, no seu laboratorio decide crear un ser vivo, unha criatura e convertela nunha verdadeira estrela musical que salve ó mundo da desaparición do Rock´n Roll, e para iso, mestura na súa máquina de experimentos os ingredientes necesarios para crear unha estrela do rock: Un disco dos Kiss, un póster dos Rolling Stones, un calcetín do guitarrista de ACDC, un rizo de Tina Turner, unha chapa de Rosendo…
O experimento resulta ser un éxito aínda maior do que agardaba, pois da súa máquina de experimentos musicais non só sae unha criatura futura estrela do rock: saen tres! Unha criatura masculina e dúas femininas, cuxo nacemento o doutor Rockenstain acolle con entusiasmo e rapidamente empeza a súa ardua tarefa: educar ás futuras estrelas do rock, para que se formen antes como persoas que como rockeiros.
Esa educación será a través das nove cancións que compoñen este musical, e na que continuamente se pedirá a participación dos espectadores e espectadoras, teñan a idade que teñan, para que o transcorrer do espectáculo se aproxime á sensación de estar asistindo a un concerto de rock.
Por medio desas cancións, ese trío de futuras estrelas do rock aprenderá a importancia de vestirse e asearse, de alimentarse ben, a importancia de aprender cada materia que lles ensinan no colexio , a importancia de saber escoller un oficio, de coñecer o mundo e as xentes tan diferentes que o habitan, e tamén do importante que é aprender a saber coidar de un mesmo cando é necesario.
E unha vez rematada a súa formación, e xa preparadas e preparado para ser estrelas do rock, chega o momento de fundar, xunto co doutor, un grupo de rock que non deixará que o mundo quede sen escoitar bo rock´n roll: OS ROCKENSTEIN.

Público: familiar
Duración: 60 min
Entradas: 1,5€ nenos/as. 2,5€ persoas adultas

Volver a Axenda

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web [ Aviso Legal ] [ Directorio de contacto ]